Skip to main content
LugoPalas de Rei

O Bispado cede o mosteiro de Vilar de Donas ao Concello de Palas para a súa rehabilitación

Por 25 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

O Bispado de Lugo e o Concello de Palas de Rei asinaron a cesión gratuíta do mosteiro de Vilar de Donas, propiedade da Igrexa, para a súa rehabilitación.

No día de onte, o bispo Alfonso Carrasco Rouco e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, asinaron o convenio de cesión para que o Concello de Palas de Rei poida acometer a rehabilitación integral do mencionado inmoble, situado na parroquia de San Salvador de Vilar de Donas e que se atopa, actualmente, nun mal estado de conservación.

En dita cesión, que inclúe as edificacións e anexos que rodean ao mosteiro, así como, a finca circundante, a Diócese de Lugo cede a edificación coa finalidade de impulsar e potenciar os recursos turísticos do Concello de Palas de Rei e de forma que contribúan á dinamización económica do municipio palense, declarado de Interese Turístico.

O convenio indica que as actuacións que se realicen neste inmoble “serán sempre dacordo coa moral e principios da igrexa católica”. O Concello, pola súa parte, comprométese á recuperación e rehabilitación do inmoble de acordo cos termos de cesión e a posterior xestión da instalación.

O alcalde, Pablo Taboada, valorou de “moi satisfactoriamente esta actuación, así como, agradeceu ó bispo de Lugo a súa implicación para recuperar este importante inmoble que forma parte do patrimonio histórico e cultural do Concello de Palas de Rei. Elo, a súa vez, supón, a consecución dunha histórica demanda, xa non só dos veciños, senón que tamén, dos múltiples visitantes cos que conta Vilar de Donas”.

Este mosteiro foi incluído dentro do Plan de actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o Plan Xacobeo 2021-22. E según sinala Pablo Taboada, “xa conta con asignación no PGE” . Neste sentido, o rexedor palense ten previsto reunirse de inmediato coa Directora Xeral de Patrimonio María del Carmen Martínez Insua e coa Directora de Turismo, Nava Castro, para analizar posibles vías de colaboración de cara a rehabilitación deste inmoble.

O alcalde, Pablo Taboada, tamén agradece o texido asociativo local, a súa implicación e colaboración pola recuperación deste destacado elemento patrimonial, histórico e cultural co que conta Palas de Rei.