Skip to main content
Lugo

Ampla variedade de estilos musicais para o San Froilán

Por 29 Setembro, 2021Sin comentarios

A concelleira de cultura, Maite Ferreiro, e o tenente alcalde, Rubén Arroxo, presentaron aos grupos de Lugo que, segundo indicou, “serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego”. Ferreiro indicou que tocarán “nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como nos distintos pasarrúas a organizar durante a semana. Maite Ferreiro destacou a “variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses”. A edil de Cultura presentou tamén os concertos de Manel e Xisco Feijóo, que terán lugar o martes 12 na Horta do Seminario e o día 5 en Santa María.

Manel chega a Lugo desde Barcelona cos seus temas que mesturan o pop coa música tradicional catalá. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas con letras moi traballadas. Desde o ano 2007 publicaron 5 discos, cos que gañaron distintos premios.

Xisco Feijoo ten experiencia como cantante, bailador, coreógrafo e presentador de televisión. É mestre da ETRAD de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk SonDeSeu. Chega ao San Froilán despois de lanzar o seu propio disco, PEIXE, froito dun incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e colaborando en máis de 20 discos e espectáculos de artistas de proxección internacional.

Concertos

Praza de Santa María ás 13.00 H

  • Día 5 Mr Hataway
  • Día 9 Man de Santo
  • Día 12 Lagarto Zulú

Praza de Santa María ás 20.00 H

  • Día 5 Nebra
  • Día 6 Abya Yala
  • Día 7 Haenselus
  • Día 8 Los Zorros
  • Día 9 Big Mind
  • Día 11 Galyrion
  • Día 12 Filophobicas

Praza Horta do Seminario ás 13.00 H

  • Día 5 Holy Damn
  • Día 9 Patuk Band
  • Día 10 Rachel and The Blue Batons
  • Día 12 Banda Bestial

Praza Horta do Seminario ás 21.00 H

  • Día 4 Infrarroja
  • Día 5 Conducto Coloquio
  • Día 8 The Corporation
  • Día 10 Trinitá
  • Día 11 Proyecto Valley
  • Día 12 Milesios