Skip to main content
Monforte

O maxistrado Vázquez Taín impartiu unha conferencia no IES A Pinguela de Monforte

Por 25 Setembro, 2021Sin comentarios

José Antonio Vázquez Taín, maxistrado do Penal da Audiencia da Coruña, escritor e habitual colaborador de medios de radio e televisión, volveu ó IES A Pinguela para impartir a súa conferencia inaugural La educación ante las nuevas tecnologías.

A conferencia estaba dirixida tan só ó alumnado de 2º de Bacharelato de Ciencias e de Humanidades debido á actual situación sanitaria e nela insistiu na necesidade da busca de información veraz fora dos lugares comúns da internet e da importancia de cuestionarse novas moitas veces máis que mediáticas, e iso, según Taín, só se consegue buscando e lendo en fontes rigorosas.

O maxistrado puxo multitude de exemplos de “información” tendenciosa e, xa que logo, falsa e manipulada baseada en lugares comúns e en propaganda interesada, o que os asistentes valoraron e agradeceron cun longo aplauso.

O xuíz Taín tamén é autor de novelas como Santiago. La leyenda del santo oculto; Al infierno se llega deprisa; El mar sin fondo e Más allá y más arriba. Historia del Camino de Santiago en la España Medieval -entre outras-, obra na que en grande parte se baseará o documental Peregrinas, actualmente en gravación, sobre a importancia da muller no Camiño de Santiago.

Destinado en 1999 no xulgado de instrución n.º 1 de Vilagarcía de Arousa, destacou pola súa persecución do narcotráfico. Entre os seus éxitos está a captura en 2003 do maior alixo de cocaína do século en Galicia, de arredor de sete toneladas, a bordo do South Sea. Nos anos 2011 y 2012 levou o caso do roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino e en 2013 fíxose cargo do caso Asunta Basterra.

Taín xa impartira en 2016 a conferencia inaugural do IES A Pinguela e volveu cunha conferencia inaugural.