Skip to main content
Comarca SARRIAXA

A comarca de Sarria xa conta con Servizo de Atención Temperá

Por 14 Setembro, 2021Setembro 15th, 2021Sin comentarios

A agrupación dos Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, O Páramo, Paradela, Samos e O Incio xa contan con Servizo gratuíto de Atención Temperá para aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, nos que exista unha sospeita dalgún trastorno do desenvolvemento, ou risco de padecelo e, tamén as súas familias.

Desta maneira, é preciso que cando existan indicios de dificultades no desenvolvemento, vulnerabilidade ou outra circunstancia que afecte de maneira negativa ao desenvolvemento do neno ou nena, se trasladen as preocupacións ao servizo de pediatría para iniciar os trámites necesarios.

O equipo do Servizo de Atención Temperá está formado por un mestre psicomotricista, unha psicóloga, unha logopeda e unha pedagoga, especializados neste tipo de cuestións.

Este servizo atópase en Sarria, nas dependencias do colexio Nuestra Señora de la Asunción e, para contactar pódese facer a través do número de teléfono 648 174 682, no enderezo electrónico sat.gruposarria@coescoformacion.com ou indo á ubicación en horario de luns, martes e mércores de 10.30 a 12.30 ou de 15.30 a 18.30 e xoves e venres de 8.30 a 12.30 horas.