Skip to main content
Láncara

Láncara recibe unha actividade dirixida ao público infantil

Por 23 Setembro, 2021Sin comentarios

O venres 24 de setembro, Láncara recibe unha nova actividade dirixida aos máis pequenos e pequenas que se atopa dentro do programa Ler conta moito. A cita denomínase Conto Xogo e levarase a cabo na biblioteca do Concello.

Así mesmo, o evento vai dirixido a nenos e nenas que teñan entre 3 e 12 anos e estarán divididos por grupos de idade.

Debido á situación sanitaria actual, é preciso reservar e pódese facer na biblioteca -o horario é de 9.30 a 13.30 horas e de 16 a 18 horas- ou chamando ao número de teléfono 982 543 066.