Skip to main content
Láncara

O PP de Láncara destaca as obras de mellora do centro de saúde

Por 24 Setembro, 2021Sin comentarios

O portavoz popular de Láncara, Santiago Cubillas, pon en valor a actuación de mellora que a Xunta está a levar a cabo no centro de saúde da Pobra de San Xiao porque permite “manter en boas condicións de conservación estas instalacións sanitarias do noso municipio”.

O Goberno galego inviste máis de 12.000 euros nestas actuacións que comprenden a corrección de deficiencias do revestimento exterior das fachadas e o seu acabado con imprimación e posterior aplicación de pintura impermeable.

As obras inclúen a revisión da cuberta, canlóns e baixantes, polo que “esta mellora contribuirá a acondicionar o edificio do centro de saúde protexido fronte ás filtracións de auga e a humidade”.

Tamén se substituirá a mangueira de toma de gasóleo para a calefacción.

Cubillas sinala que “a Xunta continúa a dirixir partidas orzamentarias para o municipio de Láncara contribuíndo ao mantemento de instalacións e da prestación de servizos públicos de titularidade autonómica no noso concello”.