Skip to main content
Láncara

Comeza un novo curso de música e baile na Asociación Val de Láncara

Por 25 Setembro, 2021Setembro 26th, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara comeza un novo curso a partir do 2 de outubro. Desta maneira, todas aquelas persoas que desexen aprender ou practicar baile e música tradicional, poderán inscribirse nestas clases organizadas pola Asociación e polo Concello de Láncara.

Así pois, haberá aulas de música -gaita, tambor, pandeireta e bombo-, baile e pandeireta e canto tradicional.

Ademais da categoría de maiores, este novo curso 2021-2022 oferta tamén categoría infantil, para que os máis pequenos e pequenas se vaian formando e vaian adquirindo coñecementos destas disciplinas. Esta categoría, pola súa beira, está sometido á formación do grupo.

Para máis información ou para inscribirse pódese contactar no número de teléfono 686 645 830.