Skip to main content
Sarria

Sarria participa na cuarta edición do programa Vilas en Flor

Por 4 Setembro, 2021Setembro 5th, 2021Sin comentarios

Sarria participa un ano máis no programa Vilas en Flor, unha iniciativa organizada pola fundación Juana Vega que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes. Este ano chega a súa cuarta edición con cinco novos concellos participantes confirmados, aínda que a organización continúa o traballo de captación de novos candidatos.

A fundación Juana Vega é a encargada de levar a cabo un programa encamiñado á posta en valor da riqueza natural e paisaxística dos municipios galegos, na liña da mellora ambiental e da man dun deseño e xestión sustentable dos espazos verdes que contribúa á mellora da calidade de vida dos seus habitantes e favoreza a imaxe dos municipios de cara aos visitantes e turistas.

Así mesmo, este ano o xurado realizará visitas no último trimestre do ano, a todos os concellos participantes e decidirá que concellos son merecedores dalgunha distinción, podendo acadar cada un deles un máximo de cinco flores.