Skip to main content
A Pastoriza

Arranxan na Pastoriza a varanda da ponte sobre o río de Miñotelo

Por 18 Setembro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza deu por rematadas as obras de arranxo da varanda da ponte sobre o río de Miñotelo, situado na estrada entre A Pastoriza e Aguarda.

Así, mesmo, o persola municipal tamén se ocupa estes días de amañar a baranda da ponte da parroquia de Baltar, que tamén estaba en mal estado.

Por outra banda, o persoal municipal realizou os labores de mantemento das instalacións exteriores do IES Fonmiñá antes do inicio do curso. Así limpáronse e desbrozáronse as zonas verdes do complexo e da contorna.