Skip to main content
Cervo

Cervo substitúe a rede de saneamento na avenida da Mariña

Por 28 Outubro, 2021Sin comentarios

O rexedor Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés e a concelleira de medio ambiente Mali Méndez, supervisaron esta semana as obras de substitución da rede de saneamento que se están a levar a cabo na Avda. da Mariña.

Estas obras, que van desde o cruce da Rúa da Cruz ata o cruce da rúa Bellavista e a Rúa da Veiga, renovarán a rede de abastecemento de auga, dotarán de bocas de rega á rúa e mellorarán a pavimentación da estrada que transcorre pola avenida.

Con esta actuación tamén se implementará unha nova rede de sumidoiros cun avanzado sistema de separación que poderá diferenciar as augas pluviais das residuais.

O orzamento final desta execución ascende a 48.368 euros, financiados na súa totalidade polas arcas municipais.

Apunta o alcalde que “a realización da obra é un pouco máis complexa do habitual, posto que se atopa nunha ubicación con diversas canalizacións, pero o noso obxectivo prioritario é que a actuación se finalice no prazo máis curto posible”.

Villares engadíu tamén que “a execución desta obra é posible grazas a unha xestión eficiente e eficaz dos recursos públicos, posto que este proxecto será financiado na súa totalidade con fondos municipais”.