Skip to main content
Trabada

Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

Comezan os traballos de mellora e de acondicionamento do cruce das Catro Calles e esperan que estean rematados a finais de novembro. 

Dende o Concello comunicaron que xa hai uns meses decidiron elaborar un proxecto para intervir neste punto e reconstruír e reparar esta zona con baldosa de granito gris e cuns grosores que non alteren a cota da rúa. Así mellorarase a seguridade ao tempo que tamén se fará coa estética desta parte tan central do conxunto histórico da vila.

O investimento supón un orzamento de máis de 23.000 euros e financiarase por parte do Concello de Ribadeo con fondos propios e tamén coa achega do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do convenio asinado da Área de Rehabilitación Integral de Ribadeo.