Skip to main content
O Vicedo

Adxudicada a obra do aparcadoiro do Fuciño do Porco

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello do Vicedo adxudicou as obras do aparcadoiro do Fuciño do Porco a empresa coruñesa Sergonsa Servicios SL.

Este proxecto foi licitado por 295.576 euros e finalmente adxudicouse por 260.576 euros. A empresa con sede na Coruña presentou unha baixa de 35.416 euros.

Segundo o alcalde, Jesús Novo, estas obras faranse baixo o nome de Aparcamento en Alegrín, e ocuparán unha superficie de 5.000 metros cadrados trala compra por parte do Concello dunhas parcelas veciñais.

Nun principio estimábase que habería 180 prazas, “pero co POL, plan de ordenazion do litoral, haberá que baixalas a 140”, di  Novo, “esperamos que no verán do 2022 comezará a súa construción”.

Así mesmo, a orografía do terreo obrigará a levantar muros, poñer peches perimetrais e barandas, así como acondicionar o acceso para o paso dos vehículos.