Skip to main content
Xove

A residencia de Xove crea imáns-plátano en apoio aos afectados de La Palma

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

A residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove comezou unha campaña solidaria en apoio aos afectados polo volcán Cumbre Vieja de La Palma.

Así dende o día 13 de outubro comezaron a crear e vender uns marabillosos imáns-plátano para así aportar “o seu gran de area”.

Este imán ten un prezo de 1 euro e polo momento levan recaudados 132 euros, e como din dende a residencia “se alguén pode comprender o que en La Palma está pasando son as persoas desta casa que viviron unha guerra civil, a posguerra e as represalias derivadas delas. A máis de múltiples vicisitudes que con idades tan lonxe as deparoulles o transcorrir dos anos”.

Os imáns repártense dende a residencia xovense e “canto máis recaden máis axudarán”, por iso agradecen e apelan “a que compartir a campaña, que a comentedes cos familiares, amigos, veciños e compañeiros de traballo”, engadiron.