Skip to main content
Lugo

O Caudal Fest lanza unha enquisa para escoller os grupos do 2022

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

O Caudal Fest xa está comezando a dar forma ao seu cartel para o vindeiro ano 2022. Por iso lanzaron unha enquisa online que permite escribir as bandas e grupos que cada quen lle apeteza escoitar.

Así, tras facer a enquisa os participantes entrarán nun sorteo de dous abonos dobres.

Lembramos que este é o último festival do verán que celebra na cidade amurallada e que contou nesta edición 2021 con Love Of Lesbian, Kutxi Romero de Marea, La M.O.D.A, Bad Gyal e Toundra, entre outros.