Skip to main content
Monterroso

A escola de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición

Por 11 Outubro, 2021Sin comentarios

A escola municipal de música de Monterroso ten aberto o prazo de inscrición no que contan cun amplo abano de clases.
Este ano haberá iniciación musical de 3 a 6 anos, clases de piano, guitarra, baixo, ukelele, batería, canto e coro moderno.

Para participar  e necesario facer reserva chamando ao teléfono 982 377 814 e así poder facer a prematrícula.

Dende a escola informan que só se impartirán as asignaturas que teñan un nivel mínimo de demanda, e as clases será dunha hora semanal de instrumento, que inclúe as nocións básicas de solfexo e aprendizaxe de instrumentos e cancións.

Ademais haberá unha hora semanal de combo que son clases dirixidas por un profesor onde diferentes alumnos tocarán en conxunto. E tamén haberá exhibición ao fin de trimestre ou en ocasións especiais.