Skip to main content
Monterroso

Bea Vázquez e Diego As crean un graffiti en Monterroso sobre artistas galegos

Por 14 Outubro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

Os poetas e escritores galegos Rosalía de Castro, Castelao, Emilia Pardo Bazán e o monterrosino Lorenzo Varela son postos en valor nun graffiti froito da colaboración da monterrosina Bea Vázquez Saavedra e Diego Anido, coñecido como Diego As.

A idea parte principalmente do departamento de urbanismo do Concello pois a obra de arte urbán ubícase na Avenida de Lugo nunha vivenda que estaba en situación de ruina e na que o Concello tivo que colocar unha estrutura de chapa para que non houbera risco de danos materiais e persoais.

Así na chapa, evitando un feismo, creouse un graffiti artístico para poñer en valor a cultura duns dos máis recollecidos escritores galegos e dun dos mellores embaixadores da arte urbán.

Diego As, conta cunha traxectoria de máis de quince anos e recentemente foi nomeado campión de España de Graffiti no Concurso de Graffiti Battles Spain. Tamén en agosto deste mesmo ano, a súa obra realizada na Ronda da Muralla de Lugo, foi escollido como mellor graffiti do mundo por Street Art Cities, unha das maiores plataformas mundiais de arte urbán.

Con esta mezcla de cultura artística e urbanismo dende o Concello preténdese poñer en valor a creatividade que representan os graffitis pois esta obra xa é un elemento estético e patrimonial integrado no espazo no que se ubica.