Skip to main content
Carballedo

Continúan os traballos no mural da fachada do Concello de Carballedo

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

Continúan os traballos na fachada traseira do edificio do Concello de Carballedo onde se está a realizar un mural.  Nel estase a realizar unha homenaxe ao carballo, dende o seu elemento principal e icónico: a súa folla.

Trátase dun mural no que as vetas da folla xerarían unha trama labiríntica de formas case abstractas. As cores dos planos terían tonos que asemellen á luz a través das xanelas das igrexas.

Representando por tanto dous iconos moi representativos do concello: o carballo e as igrexas románicas. Neste último aspecto, hai que lembrar que o Concello de Carballedo conta con numerosas edificacións de este estilo, constituíndo a porta do románico na provincia de Lugo.