Skip to main content
Carballedo

A ITV agrícola estará en Carballedo

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Carballedo no mes de novembro e decembro.

A unidade prestará servizo nas naves municipais da Gandareira dende o día 29 de novembro ao 2 de decembro, dende as 09.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde.

Lembran que o día 3 tan só haberá servizo de mañá.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.