Skip to main content
Sarria

O magosto chega o 6 de novembro a Meigas e Trasgos

Por 26 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Meigas e Trasgos de Sarria organiza unha xornada de magosto o sábado 6 de novembro, para gozar dun día con actuacións, música, gastronomía e baile.

A cita dará comezo ás 20 horas no lar social do Chanto, onde haberá merenda, castañas e música. Posteriormente, ás 21.30 horas, Paco Nogueiras presentará a súa actuación ¡Extra!, un espectáculo basado no libro-cd Extra!, editado por Kañandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Desta maneira, contarase cunha xornada diferente e amena, na que se celebrará a tradicional festa de magosto con diferentes actos e co elemento principal, a castaña.

Hai que lembrar que os socios contan con entrada gratis, mentres que os que non o señan terán que pagar 2 euros. A xornada conta coa colaboración da Deputación de Lugo e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.