Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

A SD Sarriana comeza a tempada de forma positiva

Por 9 Outubro, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana comezou con bo pé esta nova tempada 2021-2022. O equipo sarriao, que o ano pasado estivo a un gol de converterse en equipo de terceira división, iniciou con dous resultados positivos esta nova campaña na que se prevé emoción e resultados axustados.

Este ano, a diferencia do pasado no que a liga comezou tarde e onde houbo unha redistribución de equipos, a competición Preferente Galicia – Norte está formada por trece clubs que xogarán 26 xornadas. Unha liga longa onde primará a constancia, o bo facer e a experiencia de moitos dos xogadores que xa levan nesta categoría moitos anos.

A SD Sarriana, pola súa parte, puido gozar de dous resultados positivos nestas dúas xornadas disputadas. Por un lado, no primeiro partido, venceu no estadio municipal A Ribela por 2-1 con goles de Gerardo e de Diego Torres. No segundo partido, pola súa beira, o resultado foi de 0-2 contra o Lemos na Pinguela, con goles de Oscar Rivas e Julio Camba.

Desta maneira, hai que destacar a adaptación que teñen as diferentes fichaxes do club o pasado verán, que aportan equilibrio e calidade, a un equipo completo e con aspiracións de mellorar a pasada campaña.