Skip to main content
Sarria

Sarria pagará aos propietarios afectados polas obras da autovía Nadela-Sarria

Por 9 Outubro, 2021Outubro 10th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria informou que o próximo venres 29 de outubro de 2021, terá lugar o pago aos propietarios afectados polas obras que se están levando a cabo na conversión en autovía do corredor Nadela – Sarria.

Así pois, o pago será polas expropiacións dos terreos ocupados con motivo das obras no treito de 11,5 quilómetros que hai da Pobra de San Xiao a Sarria centro, que se encontra no termo municipal de Sarria.

Este treito mencionado anteriormente, comprende as obras da primeira fase de desdobramento da vía de alta capacidade e que se corresponden co treito de corredor que rexistra unha maior intensidade de tráfico.

Ademais, as obras en marcha na 1ª fase de desdobramento desta vía supoñen, tamén, a adaptación dos tres enlaces do treito A Pobra, Sarria norte e Sarria centro, e a ampliación dos seis pasos inferiores.

Finalmente hai que lembrar que no momento de construción da vía de altas prestacións entre Nadela e Sarria se planificou a ampliación da capacidade e se deixaron preparados desmontes, sen embargo, foi preciso amplialos en certos puntos.

Para máis información, pódese consultar a sede electrónica do Concello de Sarria ou chamar ao número de teléfono 982 535 000.