Skip to main content
A Pastoriza

Rematan os traballos de mellora no sistema de captación de auga de Saldanxe

Por 13 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza rematou estes días os labores de arranxo e melloras do acondicionamento da captación da auga na parroquia de Saldanxe.

Realizáronse tarefas de desbroce e acondicionamento do lugar, así como arranxos no peche do mesmo. Tamén se limpou o edificio e se supervisou o sistema de traballo da captación de auga.

Esta obra englóbase dentro do proceso de melloras dos depósitos de auga do termo municipal. Recentemente actuaron nas fontes e depósito de auga de Bretoña, no de Fitoiro, camiño e depósito de auga de Úbeda, na estación de bombeo de Vián, fontes e depósito de Loboso e Marful, depósito das Curuxeiras na Rigueira, fontes e depósito da Pastoriza e depósito de Toucido en Úbeda.

Ademais, no Concello tamén se realizaron outros traballos de mantemento como a limpeza e roza do Castro de Saa, campo de fútbol de Vián e Bretoña así como o amaño de beirarrúas en Bretoña e na Pastoriza.