Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza presentará alegacións ao proxecto do parque eólico Ruliña

Por 18 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

O Boe recolleu a pasada semana o anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Ruliña e a súa infraestrutura de evacuación, na provincia de Lugo.

O Concello da Pastoriza xa está a estudar o proxecto e anunciou que presentará as alegacións que os estudos técnicos determinen “para protexer os intereses de toda a veciñanza”.

O Parque eólico Ruliña, solicitado por Green Capital, constará de 65 MW de potencia nominal e estará integrado por trece aeroxeradores tripala de 145 metros de diámetro, de 5.000 kW de potencia nominal unitaria e 127,5 m de altura.

Para levar a cabo esta evacuación de enerxía, entran en xogo distintas instalacións eléctricas con centros de transformación en cada un dos aeroxeradores, 0,69/30 kV, unha rede subterránea de media tensión de evacuación, 30 kV, unha subestación elevadora de tensión  Ruliña 30/132 kV, a liña aérea de Alta Tensión de evacuación 132 kV e a subestación do punto de conexión Fonte Barreiros 30/132 kV.

Este proxecto afecta aos concellos de Abadín, Cospeito, A Pastoriza, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada e Barreiro e ten un orzamento de 57.424.831,30 euros.