Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXAXermade

Adxudican solo industrial en Bóveda, Quiroga, Taboada e Xermade

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

A Xunta adxudicou un total de 14.874 m2 de solo industrial —15 parcelas— cunha bonificación global de 335.000 euros nos concellos de Bóveda, Quiroga, Taboada e Xermade.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de publicar a resolución pola que se resolve o concurso de venda de solo industrial convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo este mesmo ano.

En total adxudicáronse 22 parcelas en sete parques empresariais, de titularidade do IGVS, que suman máis de 25.000 m2, polo que estes catro parques da provincia de Lugo acollen o 60% do solo adquirido.

Os empresarios, aos que lles foi adxudicado esta superficie, beneficiáronse da política de incentivos que aplica a Xunta, grazas á cal adquiriron solo cunha bonificación de ata un 50% sobre o prezo de venta. No seu conxunto, o solo adxudicado nos parques de Lugo ascende a 375.256 euros.

A bonificación de compra de solo é unha das medidas que o Goberno galego manterá no vindeiro exercicio, co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa facilitan emprego en Galicia.

Para o 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros para esta liña de acción que ten boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial, aos que agora se suma a superficie adxudicada neste concurso.

Ademais, tamén se prevé unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias.