Skip to main content
Deportes AMARIÑAXALourenzá

A atleta laurentina Lidia Balseiro proclamouse subcampioa alevín sub12 en Atapuerca

Por 15 Novembro, 2021Sin comentarios

A atleta laurentina Lidia Balseiro proclamouse subcampioa alevín sub12 en Atapuerca, Burgos, no mellor cros internacional do mundo.

Así, Balseiro escribe unha nova páxina de ouro do clube despois de percorrer os 1.000 metros da proba con un tempo de 3,26 e logo de facer case toda a carreira en solitario nunha proba con 244 atletas.

Dende o club queren recoñecer o esforzo “desta rapaza, á súa familia, á humilde pero peleona familia do Maderas Barcia e a todos e cada un dos que creedes en nós”.

Ademáis tiveron a representación na proba da cadete sub16 Iria Rodíguez e na proba popular de Ubaldo Balseiro.