Skip to main content
Lugo

O Museo de Lugo acolle a presentación da Guía Práctica Foro Patrimonio e Sociedade

Por 15 Novembro, 2021Novembro 16th, 2021Sin comentarios

Coincidindo coa Día do Patrimonio. o 16 de novembro , o Museo de Lugo acollerá a presentación da Guía Práctica Foro Patrimonio e Sociedade, un documento promovido polo Consello da Cultura Galega que recolle achegas dunha trintena de especialistas.

O acto farase ás 19.30 horas de forma simultánea en catro sedes, conectadas por videoconferencia. Ademais do Museo de Lugo, o documento presentarase no Museo de San Antón da Coruña, o Museo Provincial de Pontevedra e a Biblioteca Municipal de Ourense. Desde o Museo de Lugo, intervirán a coordinadora do documento, a arqueóloga e responsable da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, Rebeca Blanco Rotea, e o arquitecto Iago Seara,  

Segundo explican desde o Consello da Cultura Galega, a guía, elaborada como un documento aberto, trata sobre a labor de xestión patrimonial e quere tamén servir de referencia sobre os retos que esta debe asumir e sobre as temáticas que preocupan a unha representación ampla de todos os sectores implicados. Ademais, trata de ofrecer algunhas orientacións sobre os posibles métodos de traballo en relación co patrimonio cultural.