Skip to main content
Lugo

Os comerciantes lucenses foron informados sobre as liñas da campaña de Nadal

Por 19 Novembro, 2021Sin comentarios

A concelleira de Participación, Cristina López, mantivo unha xuntanza coas persoas responsables dos distintos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. Na xuntanza a edil de Participación presentou as liñas da campaña de Nadal que se poñerá en marcha para incentivar as compras nestas dúas instalacións históricas.

No programa levado a cabo o ano pasado tan só na primeira mañá de promocións os postos da Praza e do Mercado facturaron máis de 16.000 euros en comprar superiores aos 40 euros.

A edil anunciou tamén que o alumeado de Nadal da Praza de Abastos e do Mercado Municipal se instalará nos vindeiros días. A iluminación da Praza e do Mercado, xunto co resto da iluminación da cidade e as actividades que se celebran nestas instalacións durante o Nadal teñen como un dos seus obxectivos dinamizar o centro da cidade e aumentar as visitas a estas dúas instalacións históricas