Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo participa na reapertura do local social de Montirón

Por 22 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo continúa avanzando na mellora das dotacións municipais da cidade, atendendo ás demandas da cidadanía.

A rexedora, acompañada polo tenente de alcaldesa Miguel Fernández, compartiu coa veciñanza de Montirón un magosto, que serviu como acto de reapertura do seu local social, logo da recente reforma levada a cabo no mesmo dende a área de Medio Ambiente.

Unha rehabilitación que se fixo de acordo ás peticións que a Asociación Praza das Illas deste barrio lle trasladou á alcaldesa a través do concelleiro, Miguel Fernández.

A reforma tivo por obxecto, segundo referiu o edil “atallar a aparición de pequenas humidades e reverter a pegada do tempo, especialmente nestes últimos meses cando a sede tivo que estar pechada debido á pandemia”.

“Entre outros, leváronse a cabo traballos como a apertura de ocos de ventilación na base da edificación, o pintado do teito e os barrotes do interior, a colocación de parqué flotante no chan e mesmo outras tarefas no exterior como o selado do zócalo ou a roza perimetral do recinto”, explicou Miguel Fernández.

“A nosa vontade era que esta dotación municipal gañara en habitabilidade e confort en prol das persoas usuarias que o empregan con moitísima frecuencia tanto para desenvolver nel as súas reunións pero tamén como punto de encontro onde compartir momentos de ocio e socialización que, dende hoxe, se retoman coa celebración deste magosto”, concluíu Miguel Fernández.