Skip to main content
Lugo

A Deputación participou na conferencia Panorama Actual da Violencia de Xénero

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou este luns na conferencia Panorama Actual da Violencia de Xénero, que organiza a UNED. A representante provincial destacou que esta actividade da Universidade de Educación a Distancia de Lugo visibiliza e analiza un problema social de extrema gravidade como é a violencia machista. A responsable provincial tamén aproveitou para convidar aos asistentes a participar nos actos que a institución provincial ten preparados para reivindicar esta semana o 25N.