Skip to main content
LugoParadela

Paradela e Lugo logran a axuda para a creación do Plan Piloto de Axenda Urbana

Por 25 Novembro, 2021Novembro 26th, 2021Sin comentarios

O Concello de Paradela consegue a subvención para a creación do Plan Piloto de Axenda Urbana outorgada polo Ministerio de Transporte, Movilidade e Axenda Urbana. Este concello é o único de toda a Comunidade galega que acada esta axuda tendo menos de 5.000 habitantes.

O Plan de Axenda Urbana é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as acción a levar a cabo ata o ano 2030, para facer das nosas vilas e cidades ámbito de convivencia acolledores, saudables e concienciados. Constitúe un verdadeiro “menú á carta” para que tódolos actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción.

Outros concellos galegos que tamén lograron a subvención foron Lugo, As Pontes, Lalín, Santiago, Pontevedra e A Coruña.