Skip to main content
Bóveda

Bóveda conta cun novo vehículo con distintivo ambiental eco

Por 5 Novembro, 2021Novembro 6th, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda conta dende onte cun novo vehículo con distintivo ambiental grazas ao financeamento ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha axuda de 28.000 euros.

O vehículo será destinado  para realizar os traslados de cargas e materiais das distintas actividades municipais, reducir emisións de gases de efecto invernadoiro, incremento da eficiencia enerxética, cooperar a non contaminación do medio ambiente e acadar un aforro enerxético e económico no seu mantemento. O novo vehículo conta con 2 prazas, motor eléctrico 100 kW/ batería 75 kWh, potencia máxima 136 cv ,automático e gancho.

Este fondo destínase ao funcionamento de servizos municipais destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural. Trátase de actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado, así como ao impulso da eficiencia enerxética e á utilización sustentable das enerxías renovables.