
A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil mellorará a presa de Vilasouto pertencente ao Concello de O Incio. A adxudicación é de 381,740 euros cos que se renovarán as tubaxes na toma do regadío e a válvula de garda.
As obras terán un prazo de execución de oito meses e aproveitaranse para renovar os equipos que quedaron obsoletos ao estar en servicio dende o ano 1970.
Ao longo do vindeiro ano tamén haberá unha campaña de divulgación do plan de emerxencia da presa para os veciños da zona.