Skip to main content
Sarria

O Grupo Xacobeo Sarria Rutas organiza unha viaxe polo Nadal

Por 16 Novembro, 2021Novembro 17th, 2021Sin comentarios

Esta actividade organizada polo Grupo Sarria Rutas terá lugar o día 28 de novembro e haberá saída dende Lugo (6.30horas)  e dende Sarria (7.00 horas).

Os lugares a visitar serán Valença e Caminha en Portugal e Vigo onde se recorrerán as súas rúas para poder ver o seu alumeado.

Ademais, os participantes nesta actividade poderán aproveitar para facer as compras de nadal por estas zonas.

Pola mañá visitarase Valença do Miño e Caminha onde se desfrutará dunha comida nun restaurante típico en Caminha.

Pola tarde, se o tempo o permite, haberá unha parada en Baloico e no Miradoiro do Cervo. Aproveitarase o camiño de volta para visitar a cidade de Vigo e desfrutar da decoración navideña.

As prazas son limitadas e poden reservarse ata o 25 de novembro no número de teléfono 609 027 518 ou mediante o facebook Xacobeo Sarria Rutas.

O precio é de 40 euros e inclúe desprazamento, xantar e seguros.