Skip to main content
Comarca SARRIAXA

A Comarca de Sarria súmase ás concentracións en contra da violencia machista

Por 26 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

Na Comarca de Sarria, foron moitas as accións por parte dos concellos para mostrar a súa repulsión contra a violencia machista.
Por iso, no Concello do Incio os veciños concentráronse diante da Casa Consistorial cunha pancarta elaborada polo alumnado do Colexio do Incio e do Oural.

En Sarria, os escolares do IES Xograr Afonso Gómez tiveron unha programación coa que desenvolveron distintas actividades encamiñadas á prevención da violencia de xéreno. Deste xeito, o alumnado de 2º da ESO tivo onte unha charla sobre esta temática enmarcada dentro do Plan Director da Garda Civil.

O Concello de Láncara fixo unha andaina e unha posterior concentración. Mentres que en Triacastela, as mulleres do Concello mostraron o seu apoio ás vítimas deste tipo de violencia.