Skip to main content
Láncara

O PP de Láncara pide ao Concello que promocione ‘Láncara para vivir’

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular pide ao Concello que promocione “Láncara para vivir”. Así se explica na moción que veñen de rexistrar os populares, co fin de que se incentiven “políticas” que freen o declive demográfico e favorezan o asentamento de poboación.

Este municipio conta con menos de 2.600 veciños e a tendencia nos últimos anos vén sendo un crecemento vexetativo negativo. Por iso, e “tendo en conta que en Láncara eramos máis de 3000 habitantes, o obxectivo que nos podemos marcar dende o Concello é establecer unha serie de medidas dirixidas a atraer residentes e fixar poboación. Poderiamos chamalo Plan Láncara 3000”, indica o voceiro Santiago Cubillas.

Por este motivo, dende o PP tamén solicitan, en primeiro lugar, que se realice un estudo da situación inmobiliaria no municipio, para saber cantos inmobles hai en venta ou dispoñibles en alugueiro e, en segundo lugar, poñer en marcha distintas bonificacións directas para aquelas familias que se empadronen e residan no concello.

“Láncara situase a medio camiño da capital provincial, Lugo, e da capital da comarca, Sarria. Ten boas comunicación coas dúas localidades. É un concello tranquilo e con boa calidade de vida, de xeito que podemos beneficiarnos das vantaxes da cidade, pola súa proximidade, e da tranquilidade do campo. Polo prezo dun piso en Lugo, en Láncara é posible ter unha casa”, destaca Cubillas, que, ademais, lembra que en todo o municipio hai vivendas á venda: dende a casa natal de Ramón Piñeiro, en Armea, a pisos na Pobra. Cabe resaltar, apunta, o caso da Urbanización de Valdriz, onde hai case 20 inmobles en venta.