Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXAGuntín

Guntín e Friol organizan unha andaina contra a violencia de xénero

Por 8 Novembro, 2021Sin comentarios

O próximo sábado, 13 de novembro, os concellos de Guntín e Friol organizan unha andaina popular en contra da violencia de xénero.

Esta terá a súa saída ás 11:00h dende a Igrexa de San Román da Retorta en Guntín con entrega de merchandising e posibilidade de recollida en bus en O Pacio (Friol) para ir á saída.

O fin do traxecto está previsto ás 12.30. horas no local social de O Pacio – Friol, tras percorrer 5 quilómetros polo Camiño Primitivo.

Unha vez rematada a andaina, haberá unha degustación de produtos típicos galegos, acompañado de música e actividades para os/as máis pequenos/as a partir das 13.30 horas e ata as 15.30 cando se dará por rematada a sesión.

Teñen previsto tamén a posibilidade de regreso en bus a San Román da Retorta.

Debido a que as prazas son limitadas, hai que inscribirse previamente no 982 23 80 00 ou no correo info@comarcadelugo.gal.