Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza inicia obras no depósito de Corbelle e na EDAR de Bretoña

Por 13 Novembro, 2021Novembro 14th, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza iniciará estes días as obras de limpeza e mellora do depósito de abastecemento de auga municipal en Corbelle, unha obra que ten un presuposto de 31.000 euro, cunha subvención de Augas de Galicia de 25.000 e unha aportación municipal de 6,000 euros.

As obras consisten na impermeabilización do interior do depósito cunha lámina de pvc de uso para auga potable. “Con esta actuación evitaranse as fugas de auga a través das paredes do depósito, o cal rebundará nun aforro de auga e enerxía eléctrica na estación de bombeo”, indica o voceiro municial, Constantino Fernández Leira.

As obras está previsto que finalicen co mes de novembro. “Esta obra é unha actuación do Concello na mellora da conservación e mantemento do servizo municipal de auga que mellorará o servizo dos usuarios e o aforro económico deste servizo”, explica.

Por outra banda, tamén remataron as obras de mellora e acondicionamento da estación de bombeo de Vián cun presuposto de 6.000 euros a cargo dos fondos municipais. As obras consistiron na construción dun muro de formigón de dous metros de fondo en tres caras do depósito para evitar a entrada de augas pluviais no mesmo. Tamén se acondicionou unha arqueta e impermeabilizouse o interior da estación de bombeo.

Tamén están en marcha obras de mellora e acondicionamento do servizo de augas e da depuradora de Bretoña. Teñen un presuposto de 35.000 euros, subvencionados por Augas Augas de Galicia con 28.000 e a aportación municipal 7.000.

As obras da EDAR consistirán na substitución e renovación do seu equipamento para lograr un maior rendimento así como unha mellor xestión e control dos residuos. A súa finaluzación será a finais de novembro. “Un paso importante para a mellora do noso medio ambiente no control e depuración das augas residuais”, lembra Fernández Leira.

Xunto a estas obras tamén deron comezo os traballos de reforzo da traída de auga que dá servizo a un grupo de vivendas e negocios no lugar de Paraxes e finalmente amañouse a varanda da ponte na parroquia de Baltar.