Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

AC Chimchiribote organiza unha aula teatral en Pol

Por 12 Novembro, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural Chimchiribote organiza unha aula teatral no Concello de Pol e que xa deu comezo o xoves 11 ás 18.00 horas e terá continuidade ata o verán.

Este obradoiro será os xoves a partir das 18.00 e ata as 21.30 horas na Escoliña de Cirio.

A novidade é que un deles estará aberto a todas as persoas dende os 8 anos, favorecendo o contacto e as relacións interxeracionais. Polo momento hai anotadas 13 persoas pero avanzan que se poderá apuntar calquer persoa chamando ao teléfono 679 865 866.