Skip to main content
As Pontes

Endesa volverá operar cun grupo o 22 de novembro

Por 11 Novembro, 2021Novembro 12th, 2021Sin comentarios

Endesa xa puxo data ao arranque da central térmica das Pontes tras case un ano e medio parada, será o 22 de novembro para o que xa está contratados 20 novos traballadores.

Esta medida supón un xiro a unha situación que se iniciou o 27 de decembro de 2019, cando Endesa formalizou ante o Ministerio de Transición Ecolóxica a solicitude de peche dos catro grupos de carbón, alegando a súa falta de competitividade debida ao incremento substancial do prezo dos dereitos de CO2 e unha forte caída do prezo do gas. Tras unha intensa loita por evitar o peche da central e de buscar opcións á mesma, Endesa fixo unha primeira compra de carbón sorprendendo a todos. Aínda así, en ningún momento anunciou a posta en marcha da mesma, asegurou nun que estaba obrigado a ter material de reserva e estar preparado para reiniciar a produción pero que en ningún momento cambiaban os seus plans de pechar a final de ano.

Con todo, a escalada dos prezos da electricidade e a previsión dun aumento do consumo coa chegada dos meses máis crus do inverno fixeron que a central de Enel acatase as disposicións de Rede Eléctrica Española, para renovar temporalmente a súa actividade.

A primeira medida foi a compra de carbón, un pedido que xa está na factoría, e que iría destinado a un dos catro grupos xeradores de 350 megawatios, que será o único que arranque polo momento. Xuntando o pedido e o que había na fábrica, arredor de 60.000 toneladas, chegaría para ter a fábrica funcionando con dous grupos sobre mes e media a produción normal, polo que non se descarta que continúa chegando materia prima á fábrica. De feito, falan da chegada dun cargamento de turba casaca de 90.000 toneladas nos próximos días, carbón de baixa calidade que ten pouco poder calorífico e que ten que misturarse co que xa teñen na central.

Coa chegada de novo material, oficializouse tamén a volta de 20 traballadores, que foran desprazados a outros lugares de España tras o apagamento para poder operar as instalacións de maneira efectiva. Adiantan tamén os traballadores que a mobilización de persoal ten como data límite o 30 de decembro polo que “o rumor de que a produción continuaría ata marzo ou abril parece falsa”, explican dende os sindicatos.

XUNTA

Mentres esta situación ten lugar, a Xunta de Galicia anunciou que xa firmou co Ministerio de Transición o protocolo das Pontes que que os concellos da contorna da central podan opatar aos 100 millóns de euros de axudas destinados a tal fin no proceso de transición.

Os cartos do protocolo irán apara impulsar infraestruturas sociais, dixitais e ambientais mentres que nove se destinarán á asistencia técnica para definir as iniciativas.