Skip to main content
As Pontes

Cortes de subministro eléctrico esta madrugada na zona industrial das Pontes

Por 21 Novembro, 2021Sin comentarios

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o Concello das Pontes informou que este luns, 22 de novembro de 2021, de 02:00 a 07:00 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As zonas afetadas estarán no polígono industrial Os Airios e afectarán segundo o cartel adxunto.

Ademais, tamén o luns cortarase o subministro entre las 0.00 e as 2.00 horas en Penapurreira (para os números 3, 9, 11, 5560, 9712 a 9714).

Seguidamente o mércores, tamén entre as 00:00 a 02:00 horas, vaise proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal tamén pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo. Trátase das rúas e avenidas, Campeiras, Ortigueira, Covelos, José María Penabad López, Monte Caxado, Muras, Outeiro e Somozas.