Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Sétima tirada de bolos de Xove nunha tarde fría que dificultou as xogadas

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a sétima tirada no centro social da Sumoas onde participaron 27 xogadores e que destacou por ser unha tarde moi fria e cun campo duro que dificultou as tiradas en todas as categorías.

Na categoría feminina foi a segunda victoria consecutiva da líder Julia López, o que lle permite distanciarse de Belén Meitín en 13 puntos, tentando escaparse na clasificación, o que lle vai dar unha maior tranquilidade no seu xogo. Tras Belén un grupo de 4 xogadoras (Carmen Roca, Concepción Piñeiro,  Dolores Baño e Salomé Bermúdez) cunha puntuación moi parella e que pelexarán pola 3ª praza da táboa e tamén por tentar de alcanzar a Belén.

No tocante a liga masculina, destaca a victoria de Javier Alonso, quen na súa segunda tempada nesta categoría está amosando un excelente nivel de xogo, aínda que irregular, alternando boas e malas tiradas. Cunha maior continuidade no seu xogo, seguramente aumentaría a consistencia no seu xogo. Javier Alonso e o seu irmán Daniel son dous bos expoñentes da nova fornada de xogadores, e xunto con Miguel López, están destrinados a dominar este xogo nos vindeiros anos. A clasificación sigue comandada por Fran Pérez, con Daniel Alonso na segunda posición, en detrimento de Rafa González que descende á terrceira praza. Despois ven un nutrido grupo de xogadores que están na trintena de puntos e con todas as posibilidades inda de ascender posicións na táboa.

Na sub16 por fin o líder puxo remate a esa mala racha cunha participación expléndida. Foi sen dúbida a mellor tirada de Xenxo no que vai de campionato, e os 210  tantos conseguidos dan mostra do nivel ao que pode xogar Xenxo. Pero bueno, inda que Christian non tivo o seu mellor día, está claro que vai ser un rival moi serio para Xento, razón pola cal cremos que imos ver un resto de campionato apaixoante entre Xenxo e Christian por ver se Xenxo repite victoria ou se ben Christian consigue o seu primeiro entorchado.

A próxima tirada vai celebrarse no centro social de Morás o vindeiro sábado 4 de decembro.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Javier Alonso López

Subcampeión: Moisés Rodríguez Casabella

Terceiro: César Cancelos López

Sénior maiores de 60

Campión: Arturo Rodríguez Álvarez

Subcampeión: José González Rodríguez

Terceiro: José López Riveira

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampeión: Christian Cociña González

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampeiona: Carmen Roca Corral

Terceira: Dolores Baño Fraga