Skip to main content
Cervo

Cervo anima á veciñanza a revitalizar as súas fincas con árbores froiteiras

Por 18 Decembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o venres 21 de xaneiro, no Rexistro do Concello de Cervo.