Skip to main content
Lugo

Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Por 1 Decembro, 2021Sin comentarios

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Cultura Maite Ferreiro asistiron esta tarde ás actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

As actividades comezaron co coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros, e continuou cun un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contou coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.