Skip to main content
Lugo

Este venres celebrarase a XXX edición dos ‘Milagrosistas do Ano’

Por 2 Decembro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa, presidida por D. Jesús Vázquez Varela, ven de anunciar a celebración da XXX edición dos “ Milagrosistas do Ano” – Milagrosistas do Ano; que, tras o parón do pasado ano, motivado pola pandemia por Covid19, volverá, este venres 3 de decembro de 2021, a premiar e recoñecer o labor profesional e social de diferentes persoas físicas e entidades.

Ao acto acudirán, tamén, as Primeiras Autoridades locais e provinciais de Lugo.

Con posterioridade á entrega de galardóns celebrarase unha cea no Restaurante “Manuel Manuel” de Lugo –cale Monte Faro, 19. 27003, Lugo- como é tradición.

Os premiados

José Ramón Rey Lombao (Comerciante e Veciño do Barrio da Milagrosa), Víctor Fraga Gayoso (Secretario Xeral da subdelegación do Goberno en Lugo), Grupo Sargadelos, José Mª Esteban Coral (Comisario – Xefe Provincial de Lugo), Mª Corina Porro Martínez (Secretaria Mesa do Parlamento de Galicia), Óscar Poy Franco (Concelleiro Concello de Lugo), Grupo San Froilán, Natalia Prieto Viso (Directora Xeral de Administración Local), Martín Varela Balsa (Grupo Tragsa), Patricia Otero Rodríguez (Deputada Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Lugo), Benedicta Sánchez Vila (actriz e fotógrafa), Isabel Álvarez Méndez -Directora Puleva, César Mogo Zaro (Senador), José Luis Piñeiro Santos (Inspector de policía), Javier Soto Garrido (Director Territorial en Lugo de ABANCA), “Diego As” (Artista Graffiteiro), Mª Isabel Villamor Cabado (xefe servizo desenrolo local Concello de Lugo), Mercedes Paula Alvarellos Fondo (3ª Tenente Alcaldesa e Concelleira de Economía e Recursos Humanos), Antonio Fontenla Ramil.