Skip to main content
Lugo

Hoxe comezan as actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo

Por 4 Decembro, 2021Sin comentarios

A Praza de Abastos e no Mercado Municipal contará unha serie de actividades infantís para que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as nais e pais realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.

Desta forma estase a facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, facilitando que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado, fomentando o negocio de proximidade.

As distintas actividades terán lugar nas mañás do 4, 11, e 18 de decembro de 2021, e o 4 de xaneiro de 2022, en horario de 11 a 14 horas.

Actividades
4 de decembro: obradoiro de modelaxe en arxila polimérica de secado ao aire. 11 de decembro: obradoiro de cociña: “Galletas de Nadal”. 18 de decembro: obradoiro de scrapbooking de Nadal. 4 de xaneiro: obradoiro de cociña: “Roscón de Reis”.

Estas actividades únense á campaña O noso mercado é un agasallo”, para promocionar a Praza e o Mercado, “e complementaranse con novas actividades para o período vacacional do nadal”.