Skip to main content
Lugo

O Goberno de Lugo colabora coas asociacións achegando libros do fondo bibliográfico municipal

Por 8 Decembro, 2021Sin comentarios

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua vén de abrir unha nova liña de colaboración coas asociacións veciñais, a través da cal a área de Cultura achegará libros procedentes do fondo bibliográfico municipal co fin de garantir que toda a veciñanza teña acceso a libros en galego.

A área de cultura entregará lotes de libros a todas as asociacións veciñais que o soliciten para ampliar os libros existentes nas coleccións que moitas asociacións gardan nas súas instalacións, e facilitar que as persoas que forman parte delas poidan acceder aos libros editados polo Concello.

A concelleira de Cultura destacou o gran éxito que tiveron as distintas iniciativas postas en marcha durante este ano para achegar á veciñanza os libros procedentes deste fondo. Centos de persoas recolleron libros en galego editados polo Concello en datas importantes como o día do Libro, o día das Letras Galegas ou o día dos Museos.