Skip to main content
Lugo

O Goberno de Lugo renova a participación no convenio Lugo Cultural

Por 9 Decembro, 2021Sin comentarios

O Goberno de Lugo aprobará a renovación da participación municipal no convenio Lugo Cultural. A Xunta de Goberno aprobará hoxe as bases do convenio, cun aporte económico de 20.000€ por parte do Concello. Maite Ferreiro explicou que “o Lugo Cultural está xestionado pola USC e conta co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo”.

Maite Ferreiro destacou “a implicación do campus de Lugo coa actividade cultural”, e destacou proxectos como o Lugo Cultural “que nos coordinar as actividades culturais que teñen lugar na cidade e favorecer tamén o achegamento da comunidade universitaria á cultura”.

“De cara ao 2022 continuaremos a ofrecer actividades culturais a todas as veciñas e veciños de Lugo para garantir que todas as persoas poidan acceder a un ben de primeira necesidade cunha programación de calidade e sostida no tempo”, sentenciou Maite Ferreiro