Skip to main content
Lugo

Novas prazas de aparcamento coa mellora da Rúa da Industria no Ceao

Por 22 Decembro, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo levará adiante a renovación do treito final da rúa da Industria, no polígono do Ceao. Penas explicou que “esta é unha intervención importante que nos permitirá rematar a renovación desta rúa e continuar a mellorar o estado das zonas industriais de Lugo”.

“Con esta actuación melloraremos tanto a estrada, que se atopa nun avanzado estado de desgaste debido á densidade de tráfico que soporta, creando novas prazas de estacionamento e zonas que permitan mellorar a maniobrabilidade dos camións”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “renovarase tamén a beirarrúa e as canalizacións actuais, eliminando o fibrocemento”.

Os traballos planificados polo Goberno de Lugo realizaranse tamén na rede de alcantarillado, coa colocación de novos sumidoiros, e renovarase ao mesmo tempo a sinalización horizontal e vertical.

Alexandre Penas afirmou que “con esta intervención melloraremos a accesibilidade da zona e os servizos existentes, ademais de integrar este treito da rúa coa imaxe da contorna ”

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación desta obra a Ovisa Pavimentos y Obras , cun orzamento de 317.000€, .