Skip to main content
Lugo

A atleta Enara Fernández subcampioa do Trail San Silvestre de Lousame

Por 29 Decembro, 2021Sin comentarios

O pasado domingo, os deportistas do C.D Biosbardo desprazáronse ata a localidade coruñesa para disputar unha das probas clásicas do calendario autonómico, o Trail San Silvestre de Lousame.

Esta icónica proba sae da contorna das minas de San Finx para percorrer os montes da zona e remata no centro da localidade.
A lucense Enara Fernández disputaba a proba de 17 quilómetros e 1000 metros de desnivel loitando pola primeira praza ata o tramo final da proba, que sería para a padronense Verónica Calvo.

Na distancia longa de 25 quilómetros e case dous mil metros de desnivel, os deportistas sufriron a climatoloxía moi adversa da proba quedando descolgados do grupo de cabeza. Marcos Codesal, Jonathan Pérez e Guillermo Grandal entraron no segundo pelotón da carreira entre os postos 20 e 30 da clasificación.

Con esta proba, os atletas lucenses rematan a tempada de Trail con grandes sensacións. Sobre todo no caso de Enara Fernández que suma un novo podio, sendo a actual subcampioa galega da modalidade.

No conxunto dos resultados o C.D. Biosbardos despide o ano 2021 con múltiples podios tanto autonómicos, nacionais e internacionais situando a varios dos seus deportistas nos postos máis destacados dos respectivos ránkings.

Tras uns días de descanso, volverán a carga cunha nova tempada de probas estatais e internacionais.