Skip to main content
BóvedaO Incio

O Bóveda suma a súa primeira vitoria tras gañar ao Incio

Por 27 Decembro, 2021Decembro 28th, 2021Sin comentarios

O enfrontamento, que foi aprazado a semana pasada entre o Bóveda e o Incio, por positivos entre os xogadores, tivo lugar onte domingo 26 de decembro, no campo Hermanos Somoza e acadou un marcador final de 3-1, a favor do equipo local, o Bóveda.

O encontro estivo moi igualado na primeira parte na que Marcos, do Incio, estreou o marcador no minuto 35. Os xogadores visitantes lograron defender a súa portería e non foi ata o minuto 76 cando Alexandre, dos locais, empatou o resultado. Estes minutos do segundo tempo foron decisivos despois de que, os do Bóveda, lograran adiantarse co 2-1 no minuto 79 cun gol de Daniel e afianzaran o resultado no minuto 82 co gol de Carlos.

Esta vitoria supón a primeira do Bóveda, que ocupa o último posto da clasificación con 5 puntos. No total dos sete partidos xogados gañaron este, empataron dous e perderon os catro restantes.

Por outra banda, o Incio Terra Brava mantense na mesma posición que a xornada anterior, na que quedaba de sexto, ao non sumar neste partido. Conta cun total de 6 puntos despois de gañar dous partidos e perder cinco nos sete que leva xogados.

Vindeira xornada
Na vindeira xornada, que terá lugar o fin de semana do 8-9 de xaneiro, o Bóveda enfrontarase ao Brollón e o Incio será o rival do Quiroga.